Timac Agro lanza Inmusistem Extensivo, un paso máis en benestar animal

Timac Agro pon en marcha un novo produto en nutrición animal, Inmusistem Extensivo, un corrector que axuda ao sistema inmunitario e mellora o metabolismo do gando vacún, ovino, caprino e rumiantes cinexéticos, en extensivo e no inicio do cebo.

"O obxectivo é acadar un efecto beneficioso, unha maior eficiencia alimentaria como resultado dunha mellor dixestión e aproveitamento dos nutrientes, así como un aumento produtivo", afirman dende a compañía.

Esta nova solución, composta por vitaminas e minerais, incorpora tamén unha innovadora tecnoloxía posbiótica con células inanimadas de microorganismos e compoñentes do seu metabolismo con efectos beneficiosos no benestar animal. "A vantaxe desta tecnoloxía fronte aos probióticos é que, ao non conter bacterias vivas, non precisa adherirse ás mucosas nin colonizar o intestino, polo que ten un efecto máis rápido e directo", explican dende Timac Agro.

Do mesmo xeito, Inmusistem Extensivo contén a especificidade Betactyl, un activador metabólico exclusivo destinado a mellorar a función hepática, o apetito e a asimilación mineral. Todo iso, cunha formulación e deseño que se adapta especificamente ás necesidades destes animais, en formato cubo de lamber de libre disposición.