LUIS ALBERTO CALVO SÁEZ

Nin un paso atrás na erradicación da tuberculose bovina

O acto principal do Centenario do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España, celebrado o pasado 20 de maio no Paraninfo da Universidade Complutense, tivo un claro carácter reivindicativo e permitiu constatar, ademais, o moito que a nosa profesión achegou á sociedade en termos de sanidade animal, de seguridade alimentaria e, polo tanto, de saúde pública.

Así o expuxo na súa conferencia maxistral o doutor e académico Amalio de Juana Sardón, quen, aos seus 103 anos, cunha lucidez admirable, efectuou desde o atril un prolixo percorrido por esta valiosa contribución, con fitos coma a creación e estructuración dos Servizos Veterinarios Oficiais. Desta maneira, a mellora da sanidade pecuaria, que é fundamental para o óptimo estado de saúde, o benestar e a produción da nosa cabana, vai avanzando con paso firme e seguro por un camiño non exento de dificultades.

O conflito xurdido nas últimas semanas entre algúns gandeiros de Salamanca e o Servizo de Sanidade Animal da Consellería de Agricultura por mor das campañas de saneamento, parece que obvia esta realidade incuestionable Temos que lembrar, como veterinarios, que a tuberculose bovina é unha enfermidade bacteriana crónica con graves repercusións sanitarias que pode afectar a multitude de especies animais domésticas e salvaxes e ao ser humano. É, por tanto, unha zoonose. Ademais, as súas consecuencias desde o punto de vista económico son dun notable impacto, xa que nas explotación gandeiras este prexuízo vén derivado principalmente do sacrificio obrigatorio dos animais reaccionantes ás probas oficiais e ás restricións ao movemento impostas pola normativa, sen esquecer –como xa apuntei– que a produtividade pode verse minguada nos animais enfermos.


Desde a OCV temos moi claro que a relaxación na aplicación de certas medidas sen unha xustificación científicotécnica pode orixinar un empeoramento dos indicadores e, por tanto, un maior risco sanitario

Coma nos países da nosa contorna, para loitar contra esta zoonose veñen aplicando programas de control e erradicación no gando bovino, o seu principal hospedador, desde hai décadas, cuxa eficacia permitiu reducir de forma significativa a súa prevalencia en España, o que demostra a súa eficacia. Uns programas que contribuíron xunto a outras medidas hixiénico-sanitarias a que os casos de tuberculose humana de orixe animal se minimizaron.

O deseño dos programas de erradicación sempre ten en conta evidencias científico-técnicas. En concreto, o aplicado en España foi moi ben valorado polo subgrupo de Tuberculose Bovina da Taskforce, dependente da Comisión Europea, debido precisamente á súa sólida base científica e á continua adecuación das medidas ao obxectivo buscado. De feito, en España existen grupos de investigación de gran prestixio nacional e internacional, e, ademais, cóntase cun Laboratorio Nacional e outro Europeo de Referencia de Tuberculose Bovina que traballan exhaustivamente en diferentes aspectos da enfermidade: diagnóstico, epidemiología, bioseguridade...

Os resultados derivados serven para que os xestores deseñen as mellores estratexias de control no contexto do programa de erradicación, sempre supeditados a cumprir a normativa europea nesta materia e buscando a compatibilidade cunha produción gandeira rendible. En consecuencia, desde a Organización Colexial Veterinaria (OCV) temos moi claro que a relaxación na aplicación de certas medidas sen unha xustificación científico-técnica pode orixinar un empeoramento dos indicadores e, por tanto, un maior risco sanitario.

A solvencia do programa desenvolvido en España foi recoñecida pola Comisión Europea. En consecuencia, a toma de decisións non consideradas nel e sen unha base científica é contraproducente, xa que non beneficia desde o punto de vista sanitario nin ao sector gandeiro da rexión implicada nin ao resto das explotacións en zonas de menor risco coas que podería haber vínculo epidemiolóxico.

Os veterinarios entendemos que o mantemento da presión diagnóstica e o incremento da bioseguridade nas zonas de maior risco na medida na que a situación epidemiolóxica o permita, aspectos que ten en conta o actual programa de erradicación de tuberculose bovina e o plan de actuación de tuberculose en especies silvestres, son actuación fundamentais que deben seguir vixentes, polo contacto directo entre a gandería extensiva e a fauna.

O esforzo por lograr a erradicación da tuberculose na nosa cabana gandeira foi un mérito conxunto de gandeiros e veterinarios que agora non se pode cuestionar con semellante lixeireza. Non convén retroceder o camiño andado.