GEA EN GANADERÍA A COSTA (LALÍN, PONTEVEDRA)

Máis liberdade, máis produción e máis control

Fieis a GEA, pola garantía dos seus produtos e o servizo técnico prestado, en Ganadería A Costa (Lalín, Pontevedra) decidiron robotizar o seu muxido coa instalación dun DairyRobot R9500. Álvaro Pérez Fernández e os seus pais, José e Emilia, comezaron o proceso de cambio en outubro do ano pasado co traspaso dos animais para unha nave nova de vacas en produción e a instalación do robot, os colares CowScout, un novo tanque TCool e o arrimador de comida FRone. A día de hoxe moxen un total de 60 vacas, cunha produción de 39 litros por vaca e día e unha media de número de muxidos que varía entre os 2,9 e os 3.

Cinco meses despois do cambio, xa lograron os seus dous obxectivos: chegar aos tres muxidos e ter máis tempo libre. Aumentaron a produción uns 5 litros por vaca e día, reduciron á metade o reconto de células somáticas e anticípanse moito máis na detección de celos e enfermidades.