Control da granxa en calquera momento ou lugar, da man de Uniform

A dixitalización chegou para quedar e por iso Uniform-Agri ofrece un programa de xestión para manexar todos os datos da granxa a través dunha aplicación que se pode utilizar desde calquera dispositivo. En SAT Agropegal (Pol, Lugo) destacan o seu fácil uso e a obtención instantánea de datos dos animais.

Un dos propietarios desta gandería, Diego Penelas, cóntanos en Vaca Pinta 32 como traballan con este programa e relata a importancia da dixitalización nas explotacións.