Proliant® fortalece o desenvolvemento do millo ante calquera estrés ambiental

Kenogard presenta o seu fitorregulador Proliant®, unha formulación patentada de acedo giberélico GA3, coa que os agricultores e gandeiros conseguirán mellorar a capacidade do millo para capturar enerxía solar e obter plantas máis fortes e saudables. Só require unha única aplicación por campaña, cunha dose de 25 g/ha cando o millo se atopa no estadio de 3-5 follas abertas. O recomendable é aplicalo con volumes de auga entre 200 e 300 l/ha e pódese combinar con outros produtos fitosanitarios de uso normal para tratamentos foliares de millo.

Na reportaxe publicada en Vaca Pinta 30, o delegado da zona norte da firma, Manuel Cano, preséntanos todas as súas características e os ensaios que realizaron para confirmar a eficacia deste fitorregulador.