Xa é posible optar ao III premio Zoetis Ganadería en Femenino

Zoetis abre o prazo para presentar candidaturas á terceira edición do premio Zoetis Ganadería en Femenino 2022, galardón que pretende recoñecer e premiar a traxectoria e actividade daquelas mulleres, xa sexan gandeiras, veterinarias, enxeñeiras, investigadoras ou empresarias, que dedican o seu día a día ao sector para darlles visibilidade profesional e social.

O xurado dos premios valorará a achega do proxecto, que pode presentarse ata o 30 de xuño a través desta ligazón, e a súa traxectoria á comunidade na que se desenvolve, así como que este responda a unha necesidade ou desafío do sector. A creatividade e a orixinalidade, ademais da eficiencia e a rendibilidade, serán outros dos aspectos a ter en conta.

Entregarase no transcurso dun evento organizado por Zoetis coa colaboración das asociacións sectoriais que apoian a iniciativa no último trimestre do ano.

Driven to Care: o compromiso de Zoetis coa sustentabilidade

Con iniciativas como Ganadería en Feminino, Zoetis reafirma o seu apoio ás comunidades nas que opera. Un compromiso reflectido na súa estratexia Driven to Care coa que contribúe de maneira directa tanto á sustentabilidade social como ambiental. Tamén apoia, a través dela, a aqueles que coidan dos animais e impulsa a igualdade, inclusión e diversidade.