O Muvicla acolle a III xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O vindeiro xoves día 7 de marzo o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado na parroquia de Trasliste, en Láncara (Lugo), celebrará a terceira xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas.

María J. Bande, presidenta da Asociación de Amigos do Muvicla, será a encargada de dar a benvida aos asistentes. A inauguración da xornada correrá a cargo da directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, Rosa Romero. Santiago Sousa, de Durán Maquinaria, introducirá a xornada. Así pois, durante a mañá haberá diversas conferencias e, antes da pausa para a comida, realizarase unha visita guiada polas instalacións.

Na sesión de tarde terá lugar unha mesa redonda baixo o título de: "Agricultura e alimentación, con que enerxía?". Quico Ónega, investigador do Laboratorio do Territorio da USC e gandeiro, será o moderador da devandita mesa redonda. A xornada chegará á súa fin coa clausura, da man de Darío Antonio Piñeiro, alcalde de Láncara.