As granxas poderán optar ao Premio Juana de Vega na nova categoría de edificacións e instalacións produtivas

A Fundación Juana de Vega presenta unha nova categoría no Premio Juana de Vega de Intervencións no Paisaxe, Edificacións e Instalacións Produtivas no Medio Rural, co obxectivo de recoñecer a calidade construtiva e a correcta integración paisaxística destas instalacións vinculadas con procesos produtivos no medio rural. Así pois, a entidade busca darlles protagonismo como elementos que contribúen a mellorar o paisaxe de Galicia.

As ganderías entran dentro da tipoloxía de proxectos que poden optar ao premio. O xurado avaliará aspectos como a calidade da intervención e a súa contribución á mellora do paisaxe ou a incorporación de criterios de sustentabilidade, uso racional dos materiais, estratexias de proximidade e economía circular.

Admitiranse intervencións realizadas en Galicia e rematadas nos oito anos anteriores a 2024, é dicir, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2023. O prazo estará aberto ata o 30 de xuño de 2024 e o fallo darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

A dotación económica será de 6.000 € e, se o considera pertinente, o xurado poderá repartir o valor económico entre os autores e o promotor, podendo percibir este último ata o 50 % do mesmo. Ademais, e a criterio do xurado, poderanse conceder dous accesits, dotados cada un deles con 1.500 €.