Xa está dispoñible na nosa web o libro do concurso da Moexmu 2024

Este sábado celebrarase, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito, Lugo), o XXXVIII Concurso de Gando Frisón a partir das 10:00 horas. As seccions de xatas e xovencas levaranse a cabo durante a mañá. Máis tarde, despois da poxa de gando frisón, xulgaranse as vacas, a partir das 15:30 horas. O xuíz do concurso é, nesta ocasión, Bonet Cid.

O catálogo coa información das ganderías e os exemplares participantes xa está dispoñible en vacapinta.com. Tamén se inclúe no libro toda a información sobre as ganderías e os exemplares que participarán na XXVIII Poxa de Gando Selecto.