Rebaixa xeral do IRPF do 15 % para 800.000 agricultores e gandeiros

O Ministerio de Facenda e Función Pública vén de publicar unha orde no Boletín Oficial do Estado (BOE) que reduce os índices de Rendemento Neto e a redución xeral aplicables no sistema de estimación obxectiva do IRPF para agricultores e gandeiros en 2023.

Esta medida responde á incidencia da seca e outras circunstancias excepcionais que afectaron á rendibilidade de moitas explotacións durante ese ano. Establécese unha redución xeral do 15 % no rendemento neto, con minoracións adicionais entre o 30 % e o 80 % en sectores máis afectados por adversidades climáticas. Espérase que estas reducións, ás que poderán acollerse aproximadamente 800.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos, supoñan unha baixa da base imponible de ao redor de 1.750 millóns de euros.

Mantéñense, ademais, as reducións dos índices correctores por pensos adquiridos a terceiros e por cultivos de regadío que usen enerxía eléctrica e as referentes á compra de gasóleo agrícola e fertilizantes, e realízanse axustes específicos para diferentes sectores agrícolas e gandeiros.