Clasificados para a YBS do Cub de Xóvenes Gandeiros e Fefriga

O Club de Xóvenes Gandeiros, en colaboración coa Federación da Raza Frisona (Fefriga), desenvolveu con éxito os concursos de Jóvenes Preparadores e Manexadores no certame autonómico galego, celebrado en Santa Comba, e na Moexmu de Muimenta. Durante estes eventos, os xuíces designados nomearon os campións e subcampións en cada categoría.

No concurso de preparación, asignáronse ata 67 puntos segundo a valoración de cada parte do animal. No de manexadores, outorgáronse puntos segundo a colocación en cada categoría de idade. Tras os concursos, patrocinados por Clun, concedéronse seis prazas para participar na Young Breeders School en Bélxica. Na táboa seguinte pódese ver a lista completa de clasificados: 

NomePuntos AutonómicoPuntos MoexmuTotal
María Otero7670146
Andrea Otero6261123
Xabier Montes5657113
Lorena Iglesias5551106
Claudia López205777
Aldara García154560
Brais Rodríguez05151
Simón Blanco50050
Alba López152035
Helena Castro02020
Anxo Pérez20020
Iker García51015
Bruno Bande51015
Pablo Rama022

A clasificación de Claudia, Aldara e Brais foi invalidada para a asignación de prazas da YBS debido á normativa de idade establecida polo regulamento da YBS, sengundo o cal só os participantes cunha idade comprendida entre os 13 e 25 anos no momento da celebración da YBS son aptos para competir.

A directiva considera o evento un éxito e confía na preparación do equipo para a competición europea. Realizaranse accións de traballo co equipo para preparar a competición. Así mesmo, organizacióin anima aos mozos a participar no último concurso, que terá lugar en Lalín os días 7, 8 e 9 de xuño.