Mañá terá lugar en Finca Mouriscade a xornada Africor Pontevedra

Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra) acollerá a xornada técnica de Africor Pontevedra mañá, o mércores 10 de abril. Ás 10:45 horas, Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, inaugurará o encontro, que estará moderado por María Manteiga.

Despois dunha breve pausa para o café, comezarán as charlas do día. A primeira correrá a cargo de Héctor Martínez, xefe da Sección de Gandaría de Finca Mouriscade, quen falará sobre as novidades e a evolución da granxa. Xusto despois, chegará a quenda do veterinario en Gav.Allfeed, José Taboada; a adaptación ao novo plan sanitario integral, traballo sen antibióticos e antiparasitarios farmacolóxicos son os temas que tocará durante a súa exposición. A continuación, haberá un relatorio das novas normativas para a agricultura en España, da man de María Goreti Dogambide, bióloga do departamento de I+D do grupo Soaga.

Jesús Manteiga, o presidente de Africor Pontevedra, será o responsable de clausurar o acto xusto antes de que os asistentes gocen dunha comida. Os interesados en asistir á cita deberán chamar ao 986 580 462 para inscribirse previamente.