O exemplar Rey 814 Beemer Yuri triunfa novamente na Moexmu 2024

O xuíz Bonet Cid acaba de dar a palmada da vitoria a Rey 814 Beemer Yuri, de Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo). Así o decidiu durante a celebración do XXXVIII Concurso de Gando Frisón da Moexmu, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, provincia de Lugo. Así pois, este exemplar segue coleccionando vitorias logo de ter gañado tamén por cuarta vez consecutiva o rexional galego, celebrado en Santa Comba o pasado mes de febreiro.

Mañá remata o certame co XXII Concurso de Novos Manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.