NA GRANXA | A LAGOA SERABEL SC (XERMADE, LUGO)

Ser gandeiro, unha decisión tomada desde ben pequeno

Abel Carballo tívoo claro desde sempre: o seu futuro pasaba por continuar e facer medrar a gandería dos seus pais, unha tarefa na que xa está inmerso. Teñen unha nave de produción recentemente construída, que pensan en dobrar nos vindeiros anos, e están en pleno proceso de aumento do seu rabaño de vacas Holstein e Jersey.

No número 24 da revista Vaca Pinta describimos a actualidade de A Lagoa Serabel SC e falamos con Abel para coñecer cales son os proxectos de futuro que valora xunto a aos seus pais, José Luis e Rocío, e o seu irmán, Sergio.

Podes ver a entrevista en vídeo sobre estas liñas e tamén na nosasección de TV