XORNADA AFRICOR LUGO-VACA PINTA 2021

O relator: José Bernardo (Agroseguro)

José Bernardo Rodríguez é enxeñeiro técnico agrícola. Actualmente, traballa como director territorial de Agroseguro na zona Noroeste-Canarias.

Este enxeñeiro estivo ligado ao seguro agrario desde 1986. Inicialmente como perito taxador con base en Estremadura, desenvolvendo o labor pericial por toda España e sobre variados cultivos. A partir de 1998 entrou como director territorial de Agroseguro. Ata 2015 estivo en Canarias, logo na Mancha-Canarias e desde o pasado ano atópase na zona Noroeste-Canarias.

O Sistema Español de Seguros Agrarios naceu en 1978 para ofrecer unha cobertura técnica e financeira viable que permitise o sector agrario facer fronte aos graves danos causados nas producións. O labor de José nesta empresa é xestionar toda a actividade da mesma. Ademais, participa activamente no desenvolvemento e a adaptación dos diferentes produtos ás necesidades que presenta cada sector agrario.

Na súa intervención na primeira edición en liña da Xornada de Africor Lugo e Vaca Pinta o xoves de marzo , Bernardo fará un repaso á actividade do seguro agrario nun ano tan complexo como foi o 2020.