XORNADA AFRICOR LUGO-VACA PINTA 2021

O relator: Oriol Franquesa (QLlet)

Franquesa é licenciado en Veterinaria en 1999 pola Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona e cursou tamén na mesma universidade o Máster en Asesoría e Xestión de Explotacións de Vacún Leiteiro en 2003-2004.

En 2005 fundou, xunto co Dr. Demetrio Herrera, QLlet SLP, un grupo veterinario que conta na actualidade con catro profesionais en activo e que se dedica exclusivamente á mellora de calidade de leite.

As principais áreas de traballo de QLlet son o asesoramento en calidade de leite (rutinas de muxido, mostraxe de leite, estratexias para mellorar os resultados en calidade…), a formación de muxidores, o asesoramento no deseño de instalacións e cow comfort, a testaje de máquinas de muxido, a seguridade alimentaria, a formación para veterinarios en calidade de leite e o control leiteiro en Cataluña.

O seu traballo como asesor dentro da empresa enfócase a granxas de leite, cooperativas leiteiras, asociacións de gandeiros, industria láctea e outros equipos veterinarios ou laboratorios farmacéuticos. Ao longo dos seus 15 anos de traxectoria, Qllet prestou servizos de calidade de leite e de formación de veterinarios na maioría dos países de Europa e tamén en Rusia, Brasil, Sudáfrica, China, Xapón e Canadá.

Na charla que ofrecerá o vindeiro martes 2 de marzo, Franquesa analizará os índices técnicos de control leiteiro.