XORNADA AFRICOR LUGO-VACA PINTA 2021

O relator: Alejandro Pérez (Cowvet)

Alejandro Pérez traballa como asesor veterinario e técnico de explotacións de vacún de leite e como técnico do centro de recría en Cowvet Xestión e Servizos Veterinarios SL.

Sempre estivo vinculado ao mundo da produción polas ganderías de bovino e caprino que tiñan os seus avós, polo que decidiu estudar veterinaria. Realizou os seus estudos na universidade CEU Cardenal Herrera (Valencia) e desde o principio tivo claro que, dentro da rama de veterinaria, se enfocaría na produción. Nas súas prácticas en More Holstein (Valencia) coñeceu a Francisco Sebastián, socio propietario de Cowvet. Tras pasar por Mudejar Wagyu (Teruel) e retornar a More Holstein, en 2020 Francisco Sebastián ofrécelle entrar na empresa Cowvet, na que Alejandro realiza traballos de asesoramento veterinario técnico de vacún de leite, e de técnico veterinario do centro de recría que á súa vez posúe dita empresa.

Cowvet é unha empresa que nace co propósito de asesorar e axudar na xestión técnica e económica das explotacións de vacún, tanto de carne como de leite. En 2017 crearon un centro de recría para as explotacións de vacún de leite das granxas da Comunidade de Valencia. Hoxe en día, no centro contan con xatas cehgadas de explotacións de Murcia, Cataluña ou León e xa ten unha capacidade para 1.500 xatas con idea de ampliar debido á demanda por parte das explotacións.

Na súa intervención na primeira edición en liña da Xornada de Africor Lugo e Vaca Pinta o xoves de marzo , Pérez falará da aplicación das novas tecnoloxías na fase de recría.