O 61º National Mastitis Council, do 1 ao 3 de febreiro

A 61ª edición do National Mastitis Council celébrase do 1 ao 3 de febreiro en San Diego, California (EE. UU.). Pódese participar de maneira presencial ou online e, ademais, tamén está dispoñible unha sesión en español, que terá lugar o 3 de febreiro.

Dirixida a produtores de leite, gandeiros, veterinarios e persoal da industria, esta sesión de 4,5 horas brindará información sobre a motivación e capacitación dos empregados, as causas clínicas da mastite e as opcións de tratamento, a sala de muxido e a xestión dos datos, e os conceptos actuais na terapia de vacas secas, incluíndo a terapia selectiva.

PROGRAMA DA SESIÓN EN ESPAÑOL

8:00-8:30 PST: 3-4-5 A motivación dos empregados. Jorge Delgado, Alltech

8:30-9:00 PST: Descubra ao capacitador que leva dentro!. Carolina Pinzón, Forte Dairy Consulting

9:00-9:30 PST: O proxecto do cerebro leiteiro.Victor Cabrera, University of  Wisconsin

9:30-10:00 PST: Rendemento tendo en conta a calidade do leite. Rodrigo Pedraza, Zoetis

10:20-11:00 PST: Mastite clínica: ¿tratar ou non tratar?E se se trata: como tratar?. Alfonso Lago, DairyExperts, Inc.

11:00-11:45 PST: Terapia de secado: obxectivo, aplicabilidade e recomendacións. Maristela Rovai, SDSU

11:45-12:15 PST: Implementación práctica de programas de terapia selectiva para vacas secas. Mark Thomas, Dairy Health and Management Services, LLC

Podes rexistrarte nesta ligazón

Para calquera dúbida, podes poñerte en contacto a través desta dirección de correo kyle@nmconline.orgou este teléfono 952 758 2146.