FINCA CABREIRA. IRIXOA (A CORUÑA)

Plena confianza na análise de datos e nun equipo humano motivado

Nesta gandería coruñesa apostaron pola monitorización do rabaño dende que estes servizos comezaron a estar presentes no mercado e a súa experiencia con eles fíxolles ser fieis aos seus continuos avances. Xunto a este tipo de xestión, Manuel Candamio, un dos seus actuais propietarios, dálles prioridade no seu negocio á formación do seu persoal, ao progreso xenético e á mellora da súa base territorial.